Benvidos a este espacio!

martes, 18 de octubre de 2011

A NOSA COLLEITA PARA SOMALIA

Foi unha fermosa iniciativa na que participei. Xurdiu en Facebook, ideada por moi boa xente (Susete-Ferrol, Susana Pazos, de Pensamentos e agasallos...e moita outra xente que puxo toda a ilusión e traballo na orgaizacion deste importante evento.
Tamén foi unha morea de xente a que participou, doando cadros, música, obxetos....
Sen o selo de ningun partido político, todo este proyecto foi expontáneo e inesperado, como xurden todas as cousas boas...
A cafeteria "Tras do Marco", en Vigo, aportou as suas paredes para expoñer...
E todo o que se recaudou foi entregado a Medicos sen Fronteiras. Posiblemente sexa un grao de area para axudar a terrible situación pola que pasan os Somalies...
Grazas por ter participado con tod@s vos, penso que todo esto me aportou mais a min, que eu a Somalia...asi que hay que seguir, un grao de area axuda a facer unha praia...Esta ilustración foi a miña aportación: "A casa das cigoñas".

ESTRELA

Xa está confirmado: O album ilustrado no que traballein durante meses, sairá en Abril (Everest Galicia)
Estou abraiada.
Me deu moito traballo: escrita e ilustración; pero mereceu a pena, o resultado é un agasallo, o mellor agasallo para min.
Creo que vos gustará e que disfrutaredes con iste novo album ilustrado, alomenos tanto como eu disfrutei facéndoo.

Gabriel Prada (musica) e Gonzalo Lomba ( imaxe), estan facendo o book-triller do conto, que dentro dun tempo subirei ao blog.
Aqui deixo un boceto dunha das ilustracións .

jueves, 18 de agosto de 2011

Curso de Grabado en Vilanova de Cerveira.

Dentro das actividades orgaizadas a caron da Bienal Internacional de Arte de Vilanova de Cerveira, estou facendo un curso de grabado, co profesor de Tokio C.Nishikawa.
Traballamos moito e aprendemos moitisimo e o pasamos ben. Nos enseña as suas técnicas, que son abraiantes, e xa temos traballos rematados.
Nunca fixera grabado, me resulta apaixoante.
Mañan remata o curso cun "party" con sushi e demais delicias do Xapón.

O profe sendo entrevistado pola tv portuguesa; un momento do traballo e algunha foto mais.



domingo, 14 de agosto de 2011

PECHADO POR VACACIONS!!



PECHADO POR VACACIÓNS!!!!
Xa ia sendo hora de deixar os pinceis e os lápices de cores por uns dias, para poder
disfrutar do mar, dos bosques.....
ter todo o tempo para nos.......disfrutar de esa viaxe contigo a unha terra chea de sol...
Hasta pronto!!!

sábado, 12 de febrero de 2011

...E SEGUIMOS TRABALLANDO...


......mentres a choiva peta nos cristais do meu estudio.Traballando, mentres xa se escoitan as presas dos grilos, preparando as maletas para voltar no verán...

DENDE BRETAÑA

Oxe recibín esta foto , enviada por Joubin Pierre, presidente de Bretagne-Galice.
Están estudando a obra de Rosalia de Castro.
Me agradou moito ver nas mans dunha das persoas da foto, o libro "Rosalía", que eu ilustrei.
Saudos, Bretaña!!!

sábado, 11 de diciembre de 2010

FADA contemplando a Lúa de Outono.

A protagonista do conto no que estou traballando  contempla ,abraiada, a Lúa de Outono, que se pousou nunha árbore.
É unha maravilla pintar con acrílicos!!!