Vagalumes entre a herba.
Blog de Anxeles Ferrer. Contarei os meus comenzos como ilustradora, mostrarei os primeiros traballos, como fun evolucionando,e as miñas opinions persoais sobre esta profesion. Tamén se ofrece a posibilidade de adquirir algunhas das miñas creacions.
martes, 22 de mayo de 2012
domingo, 19 de febrero de 2012
UN FOGAR PARA ESTRELA
Por fin está rematado o fermoso booktrailer do album ilustrado no que estiven traballando dende hay tempo.O seu título: "Un fogar para Estrela".
Espero que vos guste esta preciosidade feita por Gabriel Prada (música) e Gonzalo Lomba,(montaxe e vídeo).
Gracias aos dous e noraboa!

Un fogar para Estrela from Gabriel Prada on Vimeo.
domingo, 12 de febrero de 2012
UN NIÑO NO XARDIN
Rematei o poemario "Un niño no xardín" do autor Xoan Neira. Asi que estiven durante un tempo disfrutando de este xardin encantado que, estou segura, lles vai encantar tamén aos nenos e non tan nenos.
Nistes tempos revoltos que nos toca vivir, as veces é bo deterse, sentarse nun banco, e respirar o perfume da herba, contemplar o sol nunha flor, ou escoitar a ledicia dos paxaros mentres beben nunha fonte.
Todo esto e moito mais é o que nos regala Xan nos seus poemas. Pequenas grandes cousas que a veces esquecemos ollar, entre o trafego do dia a dia.
O traballo xa está entregado na editorial, e sairá proximamente na colección Sopa de Libros Anaya.
Mentres tanto, aqui deixo o book-trailer de este poemario, unha maravilla creada por Gabriel Prada (música) e Gonzalo Lomba (montaxe e vídeo)

Un niño no xardín (trailer). from Gabriel Prada on Vimeo.
jueves, 17 de noviembre de 2011
NOVO TRABALLO.
Empezo a traballar nos bocetos para un libro de poemas para nenos (e nen@s de todas as idades), de Xoan Neira. Xa traballara con él no seu poemario FARRAPOS DE NUBE( Baia Ediccions).
Estou encantada, porque Xoan escribe como un neno grande, marabillado pola natureza, un tesouro para quen sabe ollala.
Poemas luminosos, dos que agroman mil imaxes que eu trato de apresar no papel, para iluminalos un pouquiño mais.
Aqui queda unha ilustración de FARRAPOS DE NUBE, a portada, do anterior traballo con él.
Encántame ilustrar poesia para nenos.
Sairá na colección "Sopa de libros", de Anaya-Xerais.
Estou encantada, porque Xoan escribe como un neno grande, marabillado pola natureza, un tesouro para quen sabe ollala.
Poemas luminosos, dos que agroman mil imaxes que eu trato de apresar no papel, para iluminalos un pouquiño mais.
Encántame ilustrar poesia para nenos.
Sairá na colección "Sopa de libros", de Anaya-Xerais.
martes, 18 de octubre de 2011
NACEMENTO
Está agromando na miña mesa de debuxo un novo proxecto...un conto con uns protagonistas peculiares e tenrros: Antón, e os pingüinos Kako, Keko, e Kiko.
Cando teña algún boceto, o subirei aqui.
Polo de agora déixovos con unha fermosisima fotografia que nos agasallou Susete-Ferrol a todos os que participamos na expo "A nosa colleita para Somalia"

Suscribirse a:
Entradas (Atom)